Turismo de Padrón, unha app para coñecer a vila

Desde hai pouco tempo o Concello de Padrón conta cunha aplicación para dar a coñecer a vila aos seus visitantes desde calquera dispositivo móbil.

Esta ferramenta amosa os principais puntos de interese que nos podemos atopar visitando o lugar, e deste xeito atoparemos información cultural, gastronómica e mesmo os espazos naturais máis próximos.

turismo de padron - 2

Malia que a aplicación funciona en tres idiomas (galego, castelán e inglés), na nosa lingua atopamos algúns erros de tradución, como marcamos na imaxe superior.

Entre as seccións da aplicación hai unha que vai dirixida especificamente aos peregrinos, onde poderán atopar información sobre onde aloxarse, mapas e lugares nos que atopar descontos para eles.

En xeral podemos dicir que é unha aplicación moi completa para calquera persoa que queira obter información da vila e coñecer de antemán ou ao chegar que se pode visitar e onde pode xantar.

A app Turismo de Padrón pódese descargar de balde nesta ligazón á Play Store.

Deixa un Comentario