Twitter comeza a activar as enquisas en todas as contas

Desde hai algún tempo algunhas usuarias de Twitter teñen activo un sistema de enquisas que permite plantexar cuestións simples cun par de respostas posíbeis para que as demais persoas poidan votalas.

enquisas twitter

A compañía da rede social de microblogging máis popular vén de anunciar agora que esta nova funcionalidade iráselle activando a todo o mundo nos próximos días, tanto a través da web twitter.com como nas aplicacións para Android ou iOS.

Que vos parece esta novidade? Será isto a fin dos RT se tal cousa ou FAV se tal outra?

Sobre o autor

Reply