Catro aplicacións para protexer o contido do voso terminal

Cada día temos máis e máis contido sensíbel nos nosos terminais: estamos logueados en redes sociais, contas de correo, apps de pagos,… e se perdemos o terminal podemos ter problemas até que o reseteamos.

Para protexer un pouco máis o noso móbil, hoxe queremos presentarvos unha serie de aplicacións para ocultar contido ou protexelo cun contrasinal. Estas apps son:

File Hide Expert. Podemos agochar arquivos dentro un cartafol e mesmo cartafoles enteiros. A aplicación funciona coma un gran explorador para acceder con facilidade a ese contido que queremos facer privado.

file hide expert

Vault-Hide SMS, Pics & Videos. Esta é unha das máis empregadas polos androides e ademáis permite agochar SMS ou contactos ou bloquear apps.

vault-protector de privacidad

Calculator Vault – A Locker. Semellante ás anteriores que engade a posibilidade de configurase para cambiar o comportamento das aplicacións instaladas.

calculator vault - a locker

Private Photo Vault. Segue a liña deste tipo de apps pero cun punto característico: permite facer fotos das usuarias que pretendan acceder á app que se almacena xunto á localización do XPS nese intre.

private photo vault

Premendo sobre as imaxes, obtedes unha ligazón á Play Store se é que estades interesadas neste tipo de aplicacións pois todas son de balde.

Para rematar, temos que lembrar que o mellor é que todo aquelo que non queredes por en risco non o teñades no voso terminal e só empreguedes algún software deste tipo coma a derradeira opción.

Deixa un Comentario