Energy anuncia o Phone Max 4G

A compañía Energy Sistem estrea novo smartphone, o Energy Phone Max 4G, un trebello que aposta pola conectividade 4G como principal reclamo. Na liña doutros produtos que xa temos visto desta empresa, o novo teléfono ten unha moi boa relación calidade – prezo.

energy phone max 4g - 1

O Phone Max 4G incorpora unha pantalla IPS HD de 5 polgadas (resolución 1280 x 720) e cristal con protección antipegadas dixitais. No seu interior alberga un procesador de catro núcleos ARM Cortex A53 a 1 GHz, xunto a 1 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, que á súa vez poden ser ampliados mediante tarxetas microSD de até 128 GB.

energy phone max 4g - 2

Vén con Android 5.1 (Lollipop), batería de 2500 mAh e cámara traseira de 8 megapíxeles, con autofocus e flash LED. Na parte dianteira temos unha cámara secundaria de 5 megapíxeles. Ademais, o trebello ten espazo para empregarmos dúas tarxetas SIM ao mesmo tempo, que poderemos usar para separar a liña profesional da persoal ou outra combinación que nos poida interesar.

Sae á venda por 149 €

Deixa un Comentario