Novos Lenovo Yoga 900 e Home 900

Lenovo vén de renovar o seu catálogo de ordenadores convertíbeis e all-in-one (AiO) co lanzamento de dous novos produtos, o ultraportátil Lenovo Yoga 900 e o AiO Lenovo Yoga Home 900.

lenovo yoga 900 - 2

O primeiro deles, o Yoga 900, ten como peculiaridade a cada día máis habitual bisagra que permite empregar o trebello como ordenador portátil ao uso ou como tablet. Ten unha pantalla IPS multitáctil de 13,3 polgadas con resolución 3200 x 1800 píxeles, procesador Intel Skylane (opcións i5 e i7), 16 GB de memoria RAM e 512 GB de memoria interna. A súa batería ofrece até 9 horas de reprodución de vídeo constantes.

lenovo yoga 900 - 3

Pola súa banda, o Yoga Home 900 é a aposta da compañía polos all-in-one, produtos que integran na propia pantalla o hardware das (outrora) torres. A pantalla da Home 900 é de 27 polgadas, e no interior temos procesadores Intel de quinta xeración e gráficas NVIDIA GeForce 940A, 8 GB de RAM e 256 GB de disco. Pode ser empregada como unha gran tablet grazas a que tamén dispón de batería que achega 3 horas de autonomía.

Polo de agora só sabemos da súa dispoñibilidade nos Estados Unidos, onde poderán mercar a Yoga 900 a partir de novembro desde 1199 dólares e a Yoga Home 900 en decembro desde 1499 dólares. O máis probábel é que nas próximas semanas teñamos información da súa chegada a Europa.

Sobre o autor

Reply