Boomerang, a nova app de Instagram

Dun tempo a esta parte foron aparecendo novas aplicacións derivadas de Instagram, como Hyperlapse (só dispoñíbel en iOS) e Layout (en iOS e en Android). Esta semana chegou a tarceira, Boomerang, pensada para crear pequenos vídeos ou gifs.

boomerang instagram - 2

A aplicación leva a sinxeleza ao extremo, de tal xeito que ao abrila só temos dous botóns: un para “gravar” e outro para mudar a cámara a usarmos. Premendo no primeiro tomará imaxes durante uns 4 segundos, facendo unha especie de gif que logo poderemos compartir a través de Instagram, Facebook ou outras aplicacións.

boomerang instagram

Entre as opcións que nos ofrece o editor están recurtar a imaxe, eliminar o audio ou mudar a foto inicial. Como dicimos, todo moi sinxelo para podermos ter o arquivo listo para compartir rapidamente.

Boomerang é unha aplicación gratuíta que podemos descargar desde a Play Store.

Sobre o autor

Reply