Mininovas Android: a malla da semana

Mais unha semana traémosvos as pequenas pezas de información que aconteceron ao longo destes últimos días.

Whatsapp ten unha baixa rentabilidade

whatsapp llamadas

Ter unha gran cifra de usuarias activas sempre é importante para unha aplicación. Agora ben, para as empresas é tamén moi importante outra cifra: a cantidade de ingresos que se xenera por usuaria.

Segundo un estudo feito pola consultora Activation e presentado durante a WSJD, Whatsapp só acada 6 céntimos/usuaria, unha cifra moi baixa se a comparamos con outras apps rivais e por exemplo, WeChat acada 7$/usuaria e Line chega aos 3,16$/usuaria. Segundo o mesmo estudo, Facebook Messenger non xenera ingresos.

Huawei lanzará un novo terminal antes de final de ano

huawei-compra-nokia-1

Esta semana recibimos rumores de que Huawei ten no forno un novo terminal de gama alta que sairá antes de rematar o 2015. Polo de agora non temos máis información deste lanzamento, pero en canto teñamos novidades, compartirémolas con vós.

Western Digital merca Sandisk

western digital

Western Digital, un dos principais fabricantes de discos duros ven de anunciar a compra da empresa Sandisk, especializada en almacenamento portátil, por uns 19000 millóns de dólares. Sen dúbida un movemento interesante entre dúas empresas ben consolidadas no mercado.

Mediaset España e Youtube poñen fin ás súas diferenzas

youtube telecinco

Xa pasaron 8 anos dende que Mediaset e Youtube comezaban pelexa que tiña coma consecuencia, a imposibilidade de atopar contido de Mediaset España na web de Youtube. Como di Mediaset, vén de elaborarse un marco de colaboración entre as 2 empresas tendo moi en conta a protección dos contidos e o respeito aos dereitos de autor do editor.

Amazon Premium Fotos, almacenamento ilimitado para usuarios de Amazon

amazon

Esta semana Amazon lanzou Premium Fotos un servizo para os usuarias premium sen sobrecusto para ter acceso a este servizo ilimitado de almacenamento, a través de Amazon Cloud Drive.

Se non sodes usuarias premium, tamén tedes acceso a este novo servizo por un prezo de 8€ ao ano, e como promoción ao subir unha foto antes do 20 de novembro, participaredes no sorteo dun cheque regalo de Amazon de 2000€.

A Play Store informará se as apps están optimizadas para Android Wear

google play store

De agora en diante, as apps da tenda de Google amosará a icona dun reloxo para indicar así se esa aplicacións está optimizada para Android Wear o que nos parece un bo xesto para facer máis doado atopar este tipo de apps.

Os Chromecast de primeira xeneración xa é compatíbel con Spotify

chromecast

Os primeiros Chromecast veñen de ser actualizados incorporando a compatibilidade con Spotify podendo escoitar a nosa música sen fíos en calquera receptor ao que está conectado o Chromecast.

Google comeza a facer operativo Imprint

imprint play store

Coa chegada de Marshmallow, chegou Imprint que é o soporte nativo de Android para o sensor de pegadas datilares. Pois ben, esta semana Google comezou a poñelo en funcionamento para facer pagos na Play Store.

Este novo uso, daralle o pulo necesario a este tipo de sensores para calquera tipo de terminal, pois até o de agora non tiña moitos máis usos ca desbloquear os terminais de gama máis alta.

Deixa un Comentario