MIUI 7 chegará a partir de mañá vía OTA

A finais de agosto Xiaomi lanzou a versión de proba de MIUI 7, a capa de personalización que emprega nos seus terminais. Tras estes dous meses de probas chega agora a versión final, que comezará a distribuírse a partir de mañá vía OTA.

Malia todo, cómpre sinalar que isto non vai implicar a actualización do sistema operativo base de varios trebellos a novas versións (de feito algúns quedarán en Kitkat), senón da capa de personalización que inclúe, iso si, diversas e interesantes novidades que xa comentamos.

miui 7 - 2

O despregamento da actualización efectuarase mediante OTA, que se irá distribuíndo de xeito escalonado, aínda que as usuarias que non queiran agardar poden facelo manualmente desde a web de Xiaomi, a partir de que estea liberada.

One Response

  1. canse 26 Outubro, 2015 Responder

Deixa un Comentario