Novo ZUK Z1, para as seareiras de Cyanogen

O avance na calidade das capas de personalización dos fabricantes e o amplo abano de dispositivos a escoller que temos hoxe en día levou a que as ROMs alternativas para os nosos trebellos teñan unha importancia menor que outrora.

Con todo seguen quedando moitas seareiras de cociñeiros como Cyanogen, agora xa dispoñíbel en varios trebellos desde a súa posta á venda como Cyanogen OS. É o caso do ZUK Z1, un smartphone fabricado por Lenovo que mixtura unhas características de gama alta e un prezo asequíbel.

Especificacións

  • Pantalla IPS de 5,5 polgadas (1080p)
  • Procesador Qualcomm Snapdragon 801 (catro núcleos a 2,5 GHz)
  • 3 GB de RAM
  • 64 GB de almacenaxe interna
  • Cámara principal de 13 Mpx e f/2.2 (Sony)
  • Cámara dianteira de 8 Mpx
  • Sensor de pegadas dixitais
  • Batería de 4100 mAh
  • 4G
  • Dual SIM
  • USB 3.0 Type-C

Como sistema operativo emprega Cyanogen OS, baseado en Android 5.1 Lollipop, pero que será actualizado á versión baseada a Marshmallow.

zuk z1 - 2

O ZUK Z1 pode mercarse a través de diversas tendas en liña por pouco máis de 250 €, un prezo moi axustado para un trebello das súas características.

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply