O Parlamento Europeo aproba a fin roaming

15 de xuño de 2017. A partir dese data deixará de haber cargos por itinerancia (roaming) entre os países da Unión Europea, o cal é unha importante nova para a xente que viaxa, máis tamén para as habitantes dos países fronteirizos, caso de Galiza – Portugal.

Porén esta non é a única data a termos en conta, xa que desde abril de 2016 os operadores farán unha rebaixa do 75% das tarifas actuais, que se aplicará a modo de plus sobre a tarifa que teñamos no noso país: +0,05 €/min, +0,02 €/sms e +0,05 €/MB (ollo, os operadores con rede propia xa teñen plans de aforro que en moitos casos son máis vantaxosos ca as tarifas marcadas pola UE)

A aprobación da fin do roaming pon fin a unha liorta de máis de dez anos que enfrentou ás autoridades europeas co lobby das operadoras. Agora só queda por saber como se van aplicar as medidas de “uso razonable” que as empresas de telecomunicacións aspiran a implantar para evitar usos abusivos que nos permitan, por exemplo, empregar unha tarxeta SIM doutro país da EU con mellores tarifas como liña habitual.

Sobre o autor

No Responses

Reply