A operadora Ocean’s anuncia descontos por Halloween

A operadora galega Ocean’s vén de anunciar unha promoción co gallo da celebración de Halloween, orientada a que as usuarias poidan mudar de móbil a prezo reducido.

Contratando unha das tarifas Tierra poderemos adquirir rebaixados até nun 90% en terminais das marcas Alcatel ou Zhem. Entre as ofertas destacan o Zhem 400 (4 polgadas, procesador quad-core a 1,3 GHz, cámaras de 5 e 2 megapíxeles) ou o Zhem 450. Ambos os dous inclúen un pack de accesorios con funda de pel, funda de silicona, cargador USB, cargador de coche, cable USB de 1 metro e un powerbank (caso do Zhem 400) ou un pau selfie (caso do Zhem 450).

zhem 400

No que ten a ver cos Alcatel, inclúense carcasas intercambiábeis en prata, ouro e prata para o Alcatel Pop Star e prata ou ouro para o Pop 3. O Pop Star caracterízase por dispór dunha pantalla de 5 polgadas, cámaras de 8 e 5 megapíxeles e dual SIM, mentres que o Pop 3 ten pantalla de 5,5 polgadas, cámaras de 8 e 5 megapíxeles, procesador quad-core e dual SIM.

A oferta estará dispoñíbel até o 1 de novembro (incluído), unicamente para contratacións feitas on-line.

Resumo tarifas Tierra

As tarifas Tierra de Ocean’s caracterízanse por ofrecer solucións adaptadas a todo tipo de necesidades de consumo, ademais de dispór de 4G para as conexións de datos. A continuación resumimos as principais características das mesmas:

  • Tierra 4: 100 minutos por 4,84 €/mes
  • Tierra 6: 100 minutos + 1 GB por 7,26 €/mes
  • Tierra 9: 100 minutos + 2 GB por 10,89 €/mes
  • Tierra 15: 300 minutos + 3 GB por 18,15 €/mes
  • Tierra 25: ilimitadas + 4 GB por 30,25 €/mes
  • Tierra 35: ilimitadas + 5 GB por 42,35 €/mes

Sobre o autor

Reply