Presentado o novo Oppo Neo 7

Oppo vén de anunciar novo terminal, o Oppo Neo 7. Trátase dun trebello con especificacións dun dispositivo básico pero fabricando nunha aleación de magnesio e alumnio e acabados en cristal, o que achega un aspecto físico máis propio dun terminal de gama superior.

Como diciamos, as especificacións técnicas son básicas, comezando pola súa pantalla, un panel de 5 polgadas con resolución 960 x 540 píxeles. No interior atopámonos cun procesador Qualcomm Snapdragon 410 (tecnoloxía de 64 bits e catro núcleos), acompañado de 1 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis mediante microSD.

Oppo Neo 7 - 1

A cámara principal ten un sensor de 8 megapíxeles, con apertura f/2.0, mentres que para a frontal temos 5 megapíxeles con sensor f/2.4. Dispón de dobre ranura para tarxeta SIM, 2420 mAh de batería e vén con Android 5.1 Lollipop de fábrica, aderezado coa capa de personalización Color OS 2.1

Polo de agora non temos información do prezo, aínda que imaxinamos que estará por baixo dos 150 euros, sendo un candidato a móbil de persoas que non precisen demasiadas prestacións.

Sobre o autor

Reply