YouTube Red, o novo YouTube sen publicidade

A publicidade en YouTube aumentou considerabelmente nos últimos tempos até o punto de facerse realmente molesta. A alternativa que propón Google para evitalo é clara: ofrecernos unha alternativa de pagamento.

Iso é YouTube Red, o recén presentado servizo premium de vídeo en streaming que nos ofrecerá os vídeos de YouTube sen anuncios, pero que ademais terá contido e funcionalidades adicionais para facelo máis atractivo.

youtube red - 1

Entre estas características extra que poderán gozar as usuarias do servizo premium de YouTube estará a posibilidade de gardar vídeos para reproducir sen conexión, moi interesante para contidos aos que accedemos reitaradamente ou para aforrar datos móbiles, por exemplo. Ademais, polo prezo da suscrición a YouTube Red (9,99 dólares) tamén teremos unha suscrición a YouTube Music e a Google Play Music, o que fai que sexa unha oferta a considerar.

En principio poderase contratar en Estados Unidos desde mañá, 28 de outubro, aínda que imixinamos que nalgún momento chegará tamén ao noso país.

Sobre o autor

No Responses

Reply