Novo Woxter Zielo Z-500 con 4G por 149 €

Woxter acaba de anunciar o seu novo terminal Zielo Z-500, un trebello que destaca por dispór de 4G para poder disfrutar de todas as posibilidades que nos ofrecen este tipo de redes e vir con Android 5.1 Lollipop, unha das últimas versións do sistema operativo.

Porén, as súas especificacións son as dun terminal moi básico. Comezando pola súa pantalla, o trebello incorpora un panel IPS de 5 polgadas con resolución 960 x 540 píxeles. Xa no interior atopámonos cun procesador Quad Core a 1 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, que poderemos aumentar en até 32 GB extra mediante tarxetas microSD.

No apartado fotográfico, o sensor principal está fabricado por Sony e ten 13 megapíxeles, mentres que a cámara secundaria queda nos 2 Mpx. A batería fica nos 2400 mAh.

O Woxter Zielo Z-500 xa está á venda por 149 €, un prezo acaído para as prestacións que ten.

Sobre o autor

Reply