badi, unha app para ofrecer ou buscar un cuarto

Hoxe queremos falarvos de badi, unha aplicación coa que buscar alugueres de cuartos en diferentes cidades do noso país. Bastará con que seleccionemos a cidade onde buscamos piso e ademáis podemos ver unha serie de características coas que conta o piso: internet, aparcadoiro, calefación, TV,… e o número de días que o cuarto está dispoñíbel, número de habitacións ou fotos.

badi - 2

Tamén contamos cunha sección de chat onde podemos coñecer minimamente ás futuras compañeiros de piso ou aclarar algunha dúbida que non se resolve coa información presente na aplicación.

Como ben supoñedes, badi tamén se pode empregar para subir as habitacións que temos libres no noso piso e desexamos alugar.

Se queredes probar a aplicación, está dispoñíbel na Play Store sen custo algún.

Deixa un Comentario