[Actualizado] Google eliminará Chrome OS para integralo en Android no 2017

Era un movemento lóxico, mais faltaba que alguén o viñese a confirmar: segundo podemos ler no Wall Street Journal, Google ten previsto acabar con Chrome OS para integralo en Android no 2017. Deste xeito, a compañía de Mountain View camiñaría cara un sistema operativo multidispositivo, algo que estamos a ver noutras plataformas como Windows ou Ubuntu, e que parece que será o futuro máis próximo.

A idea coa que naceu Chrome OS foi a de ter un sistema operativo moi lixeiro, sinxelo e cunha forte vinculación coa nube. Como xa vimos cando analizamos algún dos dispositivos que o empregan, sen unha conexión á rede estamosante un trebello limitadísimo, mais para facer uso de aplicacións ás que se pode acceder desde un navegador resultan produtos moi interesantes.

O xornal amaricano informa de que Google leva un par de anos traballando na integración de ChromeOS con Android, e semella que nos últimos tempos avanzaron nesta integración, aínda que non será até o 2017 cando vexamos o resultado final, baixo o paraugas de Android.

[Actualización 02/11/2015] Google vén de comunicar que non existen plans para eliminar Chrome OS, e que están a traballar en diferentes formatos de dispositivos que empregan este sistema operativo (portátiles de baixo custo, o Chromebit, trebellos para uso profesional…). Aseguran que a intención é seguir sumando dispositivos baseados en Chrome OS ao longo do 2016.

Sobre o autor

One Response

  1. Señor Paquito 31 Outubro, 2015 Responder

Reply