Lowi, primeiro operador con 4G de Vodafone

A un ritmo máis lento do que quixéramos, as OMV van accedendo ás redes 4G. Nas últimas semanas foron Euskatel e Simyo (ambas con rede Orange), e dentro de pouco tocaralle a Lowi, que será a primeira operadora con 4G baixo a rede de Vodafone.

Deste xeito, as clientas da operadora low cost poderán acceder á rede 4G máis avanzada das despregadas até o de agora no Estado español, con máis de 1700 poboacións cubertas, 182 concellos con 4G+ e outros 30 con accesos de até 336 Mbps grazas á banda dos 800 MHz.

Que sexa Lowi a primeira operadora baixo a rede de Vodafone en disfrutar do 4G non é unha escolla casual, pois malia o seu carácter de OMV é unha marca branca da operadora vermella. Porén, este paso podería ser o primeiro de cara a abrir o 4G a outros OMV que traballan con Vodafone, caso da galega R, que segue sen ter unha estimación (cando menos pública) de cando disporá deste servizo.

Na actualidade ofrecen 4G, ademais das catro operadoras con rede (Vodafone, Movistar, Orange e Yoigo) os seguintes OMV: Amena, Euskaltel, Jazztel, Ocean’s, Ono (en proceso de integración en Vodafone), Pepephone, Simyo e .Tuenti.

Deixa un Comentario