Mininovas Android: a malla da semana

Amazon agasállanos con apps de balde

amazon helloween

Amazon adoita facer este tipo de promocións e desta volta co gallo de Halloween ven de rebaixar o prezo de 32 aplicacións para deixalas de balde. O único que precisamos para instalar as apps e descargar a Amazon AppStore e buscalas desde ela.

Nesta ligazón tedes a listaxe completa das que están en promoción e por tempo limitado.

O primeiro spot de Twitter

https://www.youtube.com/watch?v=6GX63F57xVo

Esta semana soubemos que durante as Series Mundiais de béisbol lanzarase o primeiro anuncio de Twitter na televisión e así tentarán darlle un empurrón á aplicación que, segundo os últimos datos, anda en horas baixas.

MediaTek ten listo o HelioX20

mediatek helioX20

Xa está listo o procesador de 10 núcleos do fabricante MediaTek. Todos os núcleos nin teñen a mesma velocidade nin funcionan a un tempo e así optimizar o uso do terminal que o monte segundo as exixencias de cada momento. Contamos con:

  • 4 Procesadores Cortex-A53 a 1.4 GHz para un uso normal.
  • 4 Procesadores Cortex-A53 a 2.0 GHz para outras situacións onde precisamos máis músculo.
  • 2 Procesadores ARM Cortex A-72 a 2.5 GHz para facer fronte ás tarefas máis exixentes.

Haberá que sabercal é o primeiro terminal que monta o HelioX20 e ver como se comporta no día a día, aínda que sobre o papel e un procesador moi interesante e axustado en prezo.

Google dálle a man a Cocacola para potenciar Android Pay

android pay cocacola

Esta semana comecimos a alianza destas dúas grandes empresas para potenciar Android Pay, o sistema de pago de Google. Polo que sabemos, as máquinas expendedoras de bebidas da compañía van permiter facer pagos desde o noso terminal con Android Pay e para fomentar o seu uso, cada vez que empreguemos este tipo de pagamento, acumulamos puntos que serven para obter unha bebida de balde.

Polo de agora non hai información de cando chegará este servizo ao noso país.

Google Keep permitirá debuxar sobre as notas

google keep

Na nova actualización de Google Keep que xa se está a distribuir, permítese facer debuxos, anotacións,… a man sobre as notas que tomamos ou sobre unha imaxe. Só temos que premer sobre a icona do lápis e comezar a escribir co noso dedo.

Sen dúbida unha función moi útil para facer algunha aclaración rápida, resaltar algo nunha imaxe ou calquera outro uso que se vos ocorra.

 

Sobre o autor

Reply