Google estrea app para quedar coas amizades

Cantas veces teremos estado na casa, tiradas sen facer nada por non ter plan, ou con ganas de saír tomar algo pero non saber moi ben a quen avisar? Ese tipo de cuestións son as que quere tentar amañar Google coa súa nova app Who’s down?, aparecida na Play Store sen facer moito ruído e, polo de agora, dispoñíbel unicamente nos Estados Unidos.

Google anuncia este novo servizo como unha app de plans sociais, de tal maneira que cando esteamos aburridos podemos seleccionar que nos gustaría facer (por exemplo, buscar compañeiras de estudo ou ir tomar unha caña) e ver cales das nosas amizades tamén están á espera de plan. Feito isto, pódese chegar a un acordo de onde quedar por privado a través dun sinxelo chat one-to-one ou grupal.

Coidamos que somos moitas as que estabamos desexando que alguén crease algo semellante, pero imos ter que agardar a que Google teña a ben ampliar fronteiras e permitir a súa descarga no noso país. En calquera caso, podedes botarlle un ollo na Play Store.

Sobre o autor

Reply