O LG V10 chegará a Europa proximamente

O primeiro de outubro LG anunciou o LG V10, un trebello baseado no LG G4 que incorpora unha segunda pantalla frontal para notificacións ou realizar pequenas accións de control en aplicacións específicas.

Un mes despois sabemos que está a piques de desembarcar en Europa, seguindo a axenda de distribución que a compañía surcoreana estableceu por este dispositivo, na que situou aos EEUU en primeiro lugar. O que non trascendeu é o prezo ao que o poderemos mercar, pero tendo en conta as súas prestacións, imaxinamos que será superior aos 600 euros.

lg v10 - 4

Especificacións do LG V10

  • Pantalla QHD IPS de 5,7 polgadas (2560 x 14440 píxeles, 513 ppp).
  • Pantalla secundaria IPS de 2,1 polgadas (160 x 1040 píxeles, 513 ppp).
  • Procesador Qualcomm SnapDragon 808
  • 4 GB de RAM
  • 64 GB de memoria interna (ampliábeis con tarxetas microSD de até 2 TB)
  • Cámaras de 16 e 5 megapíxeles.
  • 3000 mAh de batería
  • LTE Cat6, NFC, Bluetooth 4.1
  • Android 5.1 actualizábel a 6.0

O terminal chega en varias cores (Space Black, Luxe White, Modern Beige, Ocean Blue e Opal Blue), para que cadaquén poida escoller o que máis lle guste. Que vos parece? Será este o voso próximo smartphone?

Deixa un Comentario