Orange estrea Ballena Play: 6 GB + 100 minutos por 25,95 €/mes

Orange vén de anunciar unha nova tarifa de móbil orientada ao público que demanda unha cantidade de datos maior e non están interesados en minutos de voz: Ballena Play.

Ballena Play inclúe 6 GB a máxima velocidade (até 4G+, segundo áreas de cobertura) e 100 minutos en chamadas por 25,95 €/mes. Superados estes límites as clientas poden incrementar os datos a máxima velocidade a razón de 1 € por bloque de 100 MB ou navegar a velocidade reducida; as chamadas unha vez consumidos os 100 minutos incluídos cóbranse a 21,78 cént/min, cun establecemento de 20 céntimos.

A maiores Orange ofrece promocionalmente (6 meses) o servizo de música en streaming Deezer Premium ás persoas que contraten esta tarifa (engadindo 1 GB de datos extra para uso exclusivo deste servizo) e Tranquilidad Orange, que consiste no préstamo dun terminal no caso de que teñamos que deixar o noso a reparar.

Ten sentido esta tarifa existindo Amena?

Malia que Ballena Play é un importante paso adiante para Orange na liña de achegarse ao que están a demandar moitas clientas, o certo é que se trata dunha oferta contraditoria coa de Amena, a compañía low cost da propia Orange.

Amena ofrece 7 GB a máxima velocidade (4G+), chamadas ilimitadas e 60 minutos en chamadas internacionais por 24,95 €/mes. É dicir, por un euro menos temos un GB de datos máis e chamadas ilimitadas. A única vantaxe da opción de Orange é o servizo Tranquilidad Orange, mais realmente compénsalle a alguén?

Sobre o autor

Reply