Dass H-One, o smartphone sen cámara nin GPS

Nestes tempos nos que damos moita importancia á calidade das cámaras e tendemos a exixir cada vez mellores resultados fotográficos aos nosos smartphones, sorprenden apostas como as de Dass, un fabricante dos EAU que aposta polo contrario: omitir a cámara e, xa de paso, o GPS.

O terminal en cuestión é o Dass H-One, que aspira a ser un dispositivo para entornos empresariais nos que a privacidade é un factor determinante. É por ilo que prescindir de cámara evita que poida ser empregado para filtrar documentos ou que as usuarias poidan ser localizadas polo GPS.

dass h one - 1

En canto a especificacións, trátase dun dispositivo de gama media, con pantalla de 4,5 polgadas qHD (960 x 540 píxeles), procesador Qualcomm Snapdragon 410, 2 GB de memoria RAM e conectividade 4G, ademais de dual SIM.

dass h one - 3

Está dispoñíbel na tenda da compañía por uns 380 euros ao cambio, un prezo algo elevado dadas as especificacións do terminal, pero que varias empresas poden estar dispostas a pagar por ter ese plus de seguridade. Vós que opinades?

Vía

Deixa un Comentario