.Tuenti ofrece 3 smartphones bq rebaixados aos seus clientes

bq e a operadora .Tuenti veñen de firmar un acordo de colaboración para que as clientas desta última poidan acceder aos 3 teléfonos do fabricante español cun 15% de desconto exclusivo. Os dispositivos incluídos nesta promoción son os Aquaris A4.5, Aquaris M5 e Aquaris E5 4G.

Esta campaña estará activa até o vindeiro 15 de novembro, tanto para novas altas como para clientes actuais da operadora low cost de Telefónica, e se comerciará exclusivamente a través da web de bq, tanto para clientes de contrato como de cartón prepago.

Os prezos dos terminais cos descontos aplicados son os seguintes:

  • Aquaris A4.5: 144,41 € (habitual 169,90 €)
  • Aquaris M5: 220,91 € (habitual 259,90 €)
  • Aquaris E5 4G: 186,91 € (habitual 219,90 €)

Toda a información sobre a promoción pode atoparse aquí.

Deixa un Comentario