Vodafone ofrece un ano de PlayStation Plus de balde aos clientes de fibra

Vodafone vén de anunciar que os clientes que contraten fibra poderán beneficiarse de forma totalmente gratuíta do servizo de xogo en liña PlayStation Plus durante un ano, grazas a un acordo asinado entre as filiais españolas de Sony Computer Entertainment e Vodafone.

Poderase optar a esta oferta até o 31 de decembro, sendo os posíbeis beneficiarios os clientes actuais ou novas altas (tanto particulares coma PEMES) que contraten Vodafone Ono 300 Mbps, ou para aqueels que cambien o ADSL a fibra 300 Mbps.

A oferta está encamiñada a que as clientas de Vodafone poidan sacar partido da latencia e a velocidade de conexión que ofrece o servizo de fibra. Ademais da opción multixogador, a suscrición a PlayStation Plus inclúe 24 xogos ao ano sen coste adicional para a PlayStation 4 (PS4) e a posibilidade de competir nos  torneos de e-sports a través da Liga Oficial PlayStation en calquera plataforma e pantalla (TV, móbil e PC).

Sobre o autor

Reply