O proxector con Android ZTE Spro 2 á venda a próxima semana

A comezos de ano, no CES de Las Vegas, ZTE anunciou a segunda versión do seu miniproxector baseado en Android, o ZTE Spro 2, que se porá á venda no noso país a partir da semana que vén por 699 €, tanto en tendas físicas como  través de Movistar.

zte spro2 - 2

O trebello combina a flexibilidade que ofrece contar co sistema operativo Android, incluíndo todo o abano de aplicacións dispoñíbeis na Play Store, coa conectividade WiFi. Isto permítelle reproducir todo tipo de contidos, tanto os que se atopan en liña como a través de memorias USB, tarxetas microSD (soporta tarxetas de até 2 TB) ou desde dispositivos móbiles ou portátiles empregando un cable HDMI ou WiFi.

zte spro2 - 3

Vén equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 800, 2 GB de memoria RAM, pantalla de 5 polgadas e 16 GB de memoria interna. Funciona con Android 4.4 (KitKat) e pode proxectar imaxes de 120 polgadas en calidade HD a 200 lúmenes, con autoenfoque e corrección trapezoidal.

Cómpre destacar o seu tamaño compacto (13,4 x 13,1 x 3,3 cm) e peso (526 gramos), que favorecen o seu transporte, dado que está pensado para ser un produto de mobilidade. Así mesmo ten unha batería de 6300 mAh que achega unha autonomía algo superior ás 2 horas, que poden ser abondas para pequenas presentacións.

Que vos parece o trebello? Sodes posíbeis usuarias dun dispositivo como este?

Sobre o autor

Reply