Mininovas Android: a malla da semana

Facebook quere que os seus empregados empreguen Android

Facebook-Logo

Esta foi a afirmación que nos chegou esta semana desde Facebook. Mark Zuckerberg quere os seus empregados se pasen a Android e unha vez na semana empreguen a app a velocidades 2G, para así entender como funcionan os mercados emerxentes e mellorar a experiencia de uso da aplicación baixo estas particularidades.

A medida vai dirixida a asentarse nos países emerxentes, onde xa existen servizos locais con moita sona que lles estan poñendo as cousas difíciles a Facebook.

OneDrive pon fin ao almacenamento ilimitado

one drive

Un dos principais atractivos de OneDrive foi que o servizo se presentaba coma ilimitado. Ti podías subir a cantidade de datos que precisaras. Pois ben, e segundo a propia Microsoft, deixa de ofertar o almacenamento ilimitado para mudalo por 1 TB e a xustificación que nos da, é o abuso duns poucos usuarios.

Segundo a empresa, hai casos de usuarios únicos chegan a ocupar até 75 TB nas súas contas, e isto considérao un abuso ao que lle hai que por fin. Nós non imos cuestionar a súas condicións de uso, pero entón para que ofreces algo “ilimitado” cando realmente non o é xa que cando uns poucos “abusan” acabades co servizo?

Proximamente celebrarase a “fiesta del clítoris” en As Pontes

festa

Si si, estades a ler ben. Pero todo ten unha explicación. A web do concello está escrita en galego, pero Google de xeito automatico fai unha traducción ao castelán para aqueles que queiran navegar pola web nestoutro idioma.

O que aconteceu foi que como sabedes o concello ten unha recoñecida “festa do grelo” e o que fixo o traductor foi interpretar que o grelo galego é o clítoris en castelán. Esta ferramentea de Google é de moita axuda, pero en ocasións fai este tipo de cousas, que sempre nos saca un sorriso.

Twitter sustitúe a estrela dos FAV’s por corazóns

corazon twitter

Outra das novas desta semana que máis deu que falar nas primeiras horas foi o cambio que fixo Twitter na súa app. Agora xa non “favearemos” máis tweets agora o que expresaremos a través da nova icona, un corazón, é se nos gusta o tweet.

Esta é a típica evolución que volve tola á xente e que en cuestións de días xa a asimilamos con normalidade e ademáis en poucos meses nin nos acordaremos dos FAV’s e pensaremos que os corazóns levan toda a vida con nós.

Xiaomi Mi5 para comezos de decembro?

xiaomi-mi5

Todo apunta a que en poucos días, coñeceremos o novo flagship da compañía chinesa. Todo depende da presentación do Qualcomm Snapdragon 820, pois esta tería que ser o primeiro evento e logo da súa presentación oficial, chegaría a presentación dos terminais con este procesador no seu interior.

Polo de agora pouco sabemos sobre este novo terminal. Só rumores que sinalan que levará o novo 820 e unha posíbel pantalla sensíbel á presión. En canto teñamos máis datos, habémolos compartir con vós.

Deixa un Comentario