Escanea documentos desde o terminal con Tiny Scanner

Estes días estivemos probando Tiny Scanner, unha completa app para escanear calquera tipo de documentación e gardala en formato pdf.

A presentación da aplicación e sinxela e directa. Podemos facer unha foto ao documento que queremos enviar, ou rescatar un que teñamos xa fotografado e gardado na galería. Unha vez que a foto pasa por Tiny, de xeito automático detecta o documento dentro da foto, permitíndonos axustalo, como vemos na seguinte captura.

tiny 01

Unha vez feito isto, podemos editar a cor, brillos e outros axustes para que o pdf sexa o máis nítido que poidamos e á hora do envío acadar un escaneado o máis profesional posíbel.

tiny 02

Na nosa opinión é unha das mellores apps deste tipo que nos podemos atopar na Play Store que ademáis podemos descargar de balde nesta ligazón.

Deixa un Comentario