Apple Music xa dispoñíbel para Android

Houbo que agardar uns meses desde que se anunciou, pero xa chegou: Apple Music xa está dispoñíbel para Android.

O servizo de música en streaming de Apple súmase a unha crecente listaxe de aplicacións e servizos musicais en streaming que podemos disfrutar nos nososs teléfonos, se ben é certo que á hora da verdade as usuarias quedamos coas catro alternativas máis populares.

apple music

A aplicación, en fase beta, ten algunhas das súas funcións limitadas, como a creación de contas familiares a través de Android (aínda que si funciona se xa a temos creada de antes) ou os vídeos, pero o máis probábel é que cheguen en futuras versións máis estábeis.

A modo de probas, os 3 primeiros meses de Apple Music son gratuítos, mais a tarifa habitual son 9,99 €/mes. Se queredes comezar a probala non tedes máis que descargala desde a Play Store.

No Responses

Deixa un Comentario