As mellores tarifas a partir de 3 GB de datos

Para as usuarias activas as tarifas con 1 GB de datos son claramente insuficientes, pois a cada día que pasa aumentan as cousas que facemos cos nosos smartphones e, ao tempo, estes melloran a calidade dos contidos. Consultar mapas, subir fotos ás redes sociais, ollar o último vídeo de moda, escoitar música en streaming mentres facemos deporte… as opcións son moitas, pero as necesidades de tarifas con maior número de datos tamén o son.

Por iso quixemos facer un resumo das mellores opcións que existen no mercado para contratar datos a partir de 3 GB, ordeadas de menor a maior prezo.

  • 15,90 € /mes. Pepephone – 3 GB (cobertura Movistar): inclúe 3 GB de navegación 4G e cobra os excesos de datos a 3,63 cént/MB. As chamadas a 0 cént/min os 20 primeiros minutos e a 0,06 €/min o resto.
  • 18,15 €/mes. Oceans . Tierra 15 – 3 GB (cobertura Orange): inclúe 3 GB de navegación 4G (excesos a 64 kbps) e 300 minutos en chamadas (mesmo internacionais).
  • 19 €/mes. Yoigo. La del 0 – 5 GB: inclúe 5 GB a velocidade 4G (excesos a 128 kbps), 100 minutos en chamadas e resto de chamadas a 0 cént/min.
  • 21 €/mes. Simyo. Configurador – 4 GB (cobertura Orange): inclúe 4 GB  a velocidade 4G (excesos a 3,63 cént/MB ou suxeito a contratar outro bono). Sen chamadas incluídas (pero dispoñíbeis en diversas cantidades por diferentes prezos).
  • 24,95 €/mes. Amena – 7 GB (cobertura Orange): inclúe 7 GB a velocidade 4G (excesos a 32 kbps), chamadas ilimitadas, SMS ilimitados e 60 minutos para chamadas internacionais.
  • 25,95 €/mes. Orange. Ballena Play – 6 GB: inclúe 6 GB a velocidade 4G+ e chamadas ilimitadas.
  • 26,90 €/mes. Másmóvil. +MÁS  – 8 GB (cobertura Orange): inclúe 8 GB a velocidade 3G (cobra excesos, a menos que se paguen 2 € extra por 200 MB extra e reducción de velocidade) e chamadas ilimitadas.
  • 29 €/ mes. Yoigo. Sinfín – 8 GB: inclúe 8 GB a velocidade 4G (excesos a 128 kbps) e chamadas ilimitadas.
  • 29 €/ mes. Pepephone – 5 GB (cobertura Movistar): inclúe 5 GB de navegación 4G e cobra os excesos de datos a 3,63 cént/MB. As chamadas a 0 cént/min os 20 primeiros minutos e a 0,06 €/min o resto.
  • 30 €/mes. mobilR. Plana 30 – 3 GB (cobertura Vodafone): inclúe 3 GB a velocidade 3G (excesos a 64 kbps) e chamadas ilimitadas.
  • 30,75 €/mes. Oceans. Tierra 25 – 4 GB: (cobertura Orange): inclúe 4 GB de navegación 4G (excesos a 64 kbps) e chamadas ilimitadas (mesmo internacionais).
  • 31,90 €/mes. Euskaltel – 3 GB (cobertura Orange): inclúe 3 GB de navegación 4G (excesos con velocidade reducida) e chamadas ilimitadas.
  • 31,95 €/mes. Orange. Delfín – 3 GB: inclúe 3 GB a velocidade 4G+ e chamadas ilimitadas.
  • 33 €/mes. Vodafone. Red M – 3 GB: inclúe 3 GB a velocidade 4G+, chamadas e sms ilimitados.
  • 40 €/mes. mobilR. Plana 40 – 5 GB (cobertura Vodafone): inclúe 5 GB a velocidade 3G (excesos a 64 kbps) e chamadas ilimitadas.
  • 41,95 €/mes. Orange. Ballena – 6 GB: inclúe 6 GB a velocidade 4G+, chamadas ilimitadas, 100 minutos e 100 MB en roaming.
  • 42 €/mes. Vodafone. Red L – 5 GB: inclúe 5 GB a velocidade 4G+, chamadas e sms ilimitados.
  • 42,35 €/mes. Oceans. Tierra 40 – 5 GB: (cobertura Orange): inclúe 5 GB de navegación 4G (excesos a 64 kbps) e chamadas ilimitadas (mesmo internacionais).
  • 45 €/mes. Movistar. Vive45 – 5 GB: inclúe 5 GB a velocidade 4G+ (excesos a 1,5 cént/MB), chamadas e SMS ilimitados e multiSIM.
  • 59 €/mes. Vodafone. Red XL – 8 GB: inclúe 8 GB a velocidade 4G+, chamadas e sms ilimitados.

Como se pode extraer da listaxe, unha das mellores combinacións é a que ofrece Yoigo con La del 0 5 GB, que por 19 €/mes ofrece unha cantidade de datos abundante e 100 minutos en chamadas, aínda que a opción máis atractiva con chamadas ilimitadas é a de Amena cos seus 7 GB de datos, chamadas e mesmo 60 minutos para chamadas internacionais. Ambas compañías dan acceso a 4G.

Vendo todas as opcións e o que ofrecen, as ofertas que superan os 40 €/mes están, literalmente, fóra do mercado, pois podemos atopar cousas moi simulares por máis de 15 € menos ao mes. Vodafone, coa súa Red XL leva a palma á tarifa máis desfasada.

Sobre o autor

Reply