Busca e navegación offline, novidades da última versión de Google Maps

Google Maps actualízase incorporando unha interesante novidade prometida pola compañía no último Google I/O: o novo modo de navegación offline con buscas completas. Esta característica mellora notabelmente as opcións dispoñíbeis até o de agora, que permitían gardar buscas ou mapas para consultalos cando non tivésemos conexión á rede.

google maps offline - 1

As usuarias poderemos a partir de hoxe seleccionar o lugar que queremos gardar, por exemplo, a cidade da Coruña, para logo consultar toda a información relacionada con ela sen conexión. Obviamente Google non volcará toda a información no noso terminal, como imaxes de establecementos e semellante, pero si que poderemos buscar información dos locais, léase, enderezos e contacto, unha das características que fan único ao servizo de mapas de Google.

Esta novidade resulta moi interesante cando viaxamos ao extranxeiro, mais tamén para movernos polo noso país se non queremos gastar a nosa tarifa de datos consultando o mapa.

A actualización irá chegando a todos os Android ao longo das próximas horas. Que vos parece?

Deixa un Comentario