Honor Zero, o smartwatch da segunda marca de Huawei

Sen facer moito ruído chega ao mercado o Honor Zero, o primeiro smartwatch de Honor, a segunda marca do fabricante chinés Huawei. Trátase dun trebello que aposta por un deseño minimalista e un prezo axustado, pois apenas acada os 70 euros.

O dispositivo incorpora unha pantalla circular OLED táctil de 1,06 polgadas e resolución 128 x 128 píxeles e dispón de protección IP68 que o protexe de pequenos somerxementos. A batería é de 70 mAh, que malia semellar escasa din que dura uns 4 días.

huawei honor zero - 1

Entre as funcionalidades que ten achamos as habituais, como o envío de notificacións do móbil ou o rexistro do noso sono e os pasos; ademais convidaranos a movernos cando botemos tempo sendo sendentarios.

Os acabados son en metal con correas fabricadas en poliuretano termoplástico e está dispoñíbel en 3 cores: correa negro coa coroa en aceiro pulido escurecido ou correa branca ou beige coa coroa en aceiro pulido.

huawei honor zero - 2

É compatíbel con Android 4.4.4 ou superior e iOS 7.0 en adiante e pódese mercar por algo menos de 70 euros en varias tendas en liña.

Deixa un Comentario