Euskaltel culmina a compra de R

Desde que se anunciou en xullo a compra de R por Euskaltel, pouco fomos sabendo dos pasos dados no proceso, que vén de culminar esta mañá tras a aprobación da operación por parte do accionariado da operadora vasca.

Reunidos en Xunta Extraordinaria na sede de Euskaltel en Derio, onde participaron 160 persoas que representan o 61,4% do capital da compañía, aprobouse a adquisición de R por parte da operadora vasca por 1190 millóns de euros, nos que se inclúen os aproximadamente 300 millóns de débeda estimada da compañía galega, que será refinanciada por Euskaltel.

Euskaltel faise con todas as accións de R mediante a compra do 100% da súa capital social ás sociedades Rede Brigantium, sociedade titular das accións representativas do 70% do capital social en mans de CVC, e Abanca, dona do 30% restante.

Calcúlase que Euskatel acadará tras esta adquisición uns ingresos de 570 millóns de euros e un Ebitda de 265 millóns. En palabras do presidente da compañía, Alberto García Erauzkin, o operador resultante terá “un futuro próspero” e será “unha compañía sólida e estábel con vocación de seguir medrando”.

Vía

No Responses

Deixa un Comentario