Vodafone integra Google Apps coas súas solucións de voz

Vodafone vén de anunciar a integración das ferramentas colaborativas de Google para empresas, as Google Apps, cos seus servizos de voz fixa e móbil para empresas compatíbeis con todos os servizos de Oficina Vodafone.

Trátase de One Net Collaboration, que integrado nas Google Apps mellora as solucións de comunicación para profesionais que ofrece a compañía británica, xa que a través dunha extensión do navegador pódese vencellar a liña de móbil, transformando o propio navegador nun dispositivo de voz co que poder facer e recibir chamadas.

Vodafone pretende con este movemento pór ao alcance das pequenas empresas os servizos que habitualmente só están dispoñíbeis nas grandes corporacións, sen ter que investir en infraestruturas fixas (servidores, centraliñas…) nin ter que asumir elevados custes de administración e mantemento. Para iso apostan polas comunicacións unificadas na nube.

Máis información, na web de Vodafone: One Net Collaboration.

Deixa un Comentario