Weimei We, unha nova marca que chega ao noso país

E estas allturas xa perdemos a conta do crecente número de pequenos fabricantes chineses que existen. Un dos últimos en chegar ao Estado español é Weimei, unha start-up tecnolóxica que na súa fundación está enfocada ao deseño, desenvolvemento e distribución do smartphones de gama alta, aspirando – como non – a baixar os prezos fronte as grandes marcas.

A lo menos isto é a teoría, pois na práctica o primeiro teléfono da compañía é un terminal que polas súas prestacións enmárcase na gama media, polo que non debemos levarnos a enganos. Falamos do Weimei We.

O Weime We incorpora unha pantalla de 5 polgadas cunha resolución de 1280 x 720 píxeles con protección Gorilla Glass 3 para protexelo de pequenos golpes e rabuñadas. No seu interior acolle un procesador fabricado por MediaTek, o MT6753, de 8 núcleos e arquitectura de 64 bits. Está acompañado de 3 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD noutros 64 GB extra.

weimei we - 2

No apartado fotográfico inclúeese un sensor Sony Exmor IMX214 de 13 megapíxeles, con apertura f/2.0, dobre flash e gravación de vídeo Full HD a 30 fps. No caso da cámara dianteira temos un sensor de 5 Mpx, apertura de f/2.0 e flash. A batería é de 2600 mAh e dispón de espazo para dúas tarxetas SIM e conectividade 4G.

O trebello vén con Android 5.1 Lollipop sen personalizacións, e prometen actualizacións frecuentes para manter o teléfono á última. De cumprir esta promesa é un detalle moi a ter en conta á hora de pensar nel como alternativa, xunto co servizo técnico que resolve os problemas en máximo 5 días.

Pódese mercar por 189,90 € a través da súa tenda en liña, onde tamén atopamos diversos accesorios.

Deixa un Comentario