Wiko Pulp, o novo terminal Wiko para a gama media

Wiko vén de anunciar novo terminal, o Wiko Pulp. Con este dispositivo, o fabricante francés segue a aumentar a familia Android do seu catálogo mantendo, como é habitual, a súa aposta pola gama media e un prezo axustado para as prestacións que inclúe: 169 euros.

O trebello está orientado ás persoas que se interesan pola fotografía, incluíndo unha cámara principal de 13 megapíxeles e unha frontal secundaria de 5, ambas as dúas con flash LED. Xa no interior atopamos un procesador de 8 núcleos con frecuencia de 1,4 GHz, 2 GB de memoria RAM e 16 ou 32 GB de memoria interna, a ecoller, que en calquera caso poden ser ampliados noutros 64 GB adicionais mediante tarxetas microSD.

wiko pulp - 3

A pantalla é un panel de 5 polgadas con calidade HD, e a batería 2500 mAh, seguramente máis ca abonda para remtar o día sen problemas. Ten dual SIM para podermos  empregar dúas liñas de móbil ao mesmo tempo, ademais de ser compatíbel con OTG, e poder acceder directamente aos elementos USB.

O Wiko Pulp chegará ás tendas na terceira semana de novembro por 169 € (na versión de 16 GB) ou 189 € (con 32 GB).

Sobre o autor

Reply