Mininovas Android: a malla da semana

Sherpa xa dispoñíbel nos smartwatches

sherpa android

Esta semana celebrouse en Bilbao a Sherpa Keynote. Entre outras novas, coma a apertura do asistente a iOS ademáis de Android, destacamos o salto de Sherpa no Gear S2 de Samsung, que estará perfectamente integrada aproveitando o bisel xiratorio do reloxo intelixente.

Nas próximas semanas chegará á tenda de Samsung e será entón cando a poidamos desfrutar se eéque temos un destes smartwatches.

bq presentou un terminal que corre con Cyanogen

bq cyanogen - 1

Esta semana presentouse un novo terminal da empresa española bq. Neste artigo contamos polo miúdo todas as novidades detes novo bq Aquaris X5 Cyanogen.

Mitosis: The Game, un xogo moi semellante a Agar.io

mitosis

Fai un tempo falámosvos de Agar.io un xogo que estaba tendo moita aceptación entre as usuarias. Pois ben, hoxe queremos comentarvos que apareceu Mitosis: The Game un xogo, cuspidiño a Agar.io pero con algunhas novidades que o fan máis entretido. Entre outras, podemos destacar 7 modos de xogo, virus que podes lanzar a outros ou valerte deles para agocharte, salas de xogo de privadas,…

Se queres probar Mitosis: The Game podedes facelo nesta ligazón á Play Store e descargalo de balde.

Está Google traballando nos seus propios smartphones?

logo google 2015

Non é nada novo falar sobre a posibilidade de que Google podería estar interesada en fabricar os seus propios terminais. Agora ben, esta semana filtráronse uns rumores que apuntan a un debate interno importante sobre este asunto. O problema de tomar esta decisión pode estar na boa relación con outros fabricantes e o medo a extropeala.

Polo de agora só sabemos que Motorola foi vendida a Lenovo pero por outra banda, Google presentou o Pixel C que foi desenvolto exclusiva polas rapazas de Mountain View, polo tanto… acaberemos vendo un terminal fabricado por Google?

Telecable quere mercar Yoigo?

telecable

Desde verán Telecable ten novos donos, o fondo de inversión Zegona. Pois ben, segundo Expansión, Zegona estaría interesado na adquisición de Yoigo e crear unha empresa con presenza en todo o territorio español en canto a telefonía móbil pero con limitación á comunidade asturiana para a rede fixa.

O tempo dirá se este movemento se vai producir ou non e como queda o panorama das telecomunicacións no país.

Así foi a semana horribilis de R

R cable

Esta semana veu cargada de novidades para a teleco galega. Primeiro Mallando no Android publicou en exclusiva as novas tarifas que van a comezar a aplicar, con novas velocidades e subas económicas para todas as clientas.

A seguinte nova, que levamos agardando demasiado tempo, foi a confirmación de que non haberá 4G de R este ano, pero si no 2016. Iso si, non quedou claro baixo que cobertura. Polo tarde que se vai producir a incorporación desta nova velocidade, pensamos que non é ningunha boa nova, xa que as clientas de R serán das últimas en recibila.

E xa para rematar, pechouse a adquisición de R, que pasa definitivamente a estar dirixida por Euskaltel.

Deixa un Comentario