Cae o consumo de porno tras o lanzamento de Fallout 4

A estrea de Fallout 4 bateu récords, con máis de 2 millóns de copias distribuídas e 750 millóns de dólares recadados. Isto non colle por sorpresa a ninguén, xa que eran moitas as persoas que agardaban aniosas para poder xogar, e nas primeiras horas evidenciouse co descenso no tráfico de navegación en varias webs.

pornhub fallout

É o caso de Pornhub. A popular web porno sufriu directamente as consecuencias de que moitas usuarias decidisen probar o xogo nas primeiras horas a darse amor propio frente a pantalla, acusando un descenso dun 10% entre as 5 e as 15 horas, e cun novo pico negativo desde as 18h.

Iso si, á noite semella que todo volveu á normalidade 😉

Deixa un Comentario