IZIVIBE: a funda – vibrador para o móbil

Cantas veces escoitáchedes brincadeiras sobre o uso do modo vibrador do móbil como estímulo sexual? Pois semella que esa popular idea está un paso máis preto de facerse realidade grazas ao IZIVIBE, un novo modelo de funda para o smartphone.

IZIVIBE é un protector de silicona que dispón na parte superior dun apéndice con forma de dildo que se aproveita da vibración do teléfono para traballar. Compleméntase cunha aplicación que permite xestionar até 7 velocidades e modos de vibración diferentes, axustábeis mediante o controlador de volume do teléfono; ademais tamén permite establecer patróns de vibración propios e compartilos con outras usuarias da aplicación.

funda vibrador

Está previsto que nas próximas semanas saia á venda, pero mentres tanto podedes saber un pouco máis sobre este produto na súa páxina web.

Sobre o autor

One Response

  1. Jose Carlos 17 Novembro, 2015 Responder

Reply