Oceans celebra a chegada do 4G co 20% de desconto na tarifa até febreiro

A operadora galega Oceans, que a semana pasada habilitou o 4G para todos os seus clientes, vén de lanzar unha promoción tanto para particulares como empresas: as novas contratacións online recibirán un desconto do 20% nas próximas 4 facturas.

Poderanse beneficiar desta promoción as usuarias que se pasen a Oceans antes do 26 de novembro, e vale tanto para contratar tarifas Tierra (particulares) como Xpyme (empresas); a única condición é que a alta ten que se facer en liña.

As tarifas Tierra e Xpyme ofrecen un amplo abano de posibilidades, partindo de 4,84 €/mes, e son compatíbeis con servizos adicionais, como multiSIM ou a contratación de bonos de datos extra para seguir navegando a máxima velocidade.

Sobre o autor

Reply