Blackberry prepara un segundo dispositivo Android: Vienna

Logo de que tras moitos rumores hai uns días se puxese á venda a BlackBerry Priv, o primeiro smartphone de BlackBerry que incorpora Android de serie, e de que o CEO da compañía, John Chen, deixase entrever nunha entrevista que veremos máis teléfonos co sistema operativo de Google, comezan a chegar os primeiros rumores sobre novos modelos.

Falamos de Vienna, o nome co que se coñece internamente o segundo terminal con Android de BlackBerry, do que tamén temos as primeiras imaxes. O primeiro que chama a atención del é que integra un teclado qwerty físico completo directamente na parte frontal do teléfono, e non agochado tras un elemento deslizante, como foi no caso da Priv.

blackberry vienna filtracion - 2

A falta de coñecer as súas especificacións técnicas, que non foron filtradas, o que si se evidencia desta imaxe promocional é o que o novo trebello de BlackBerry estará dispoñíbel en diversas cores, polo que semella que poderíamos estar ante un terminal orientado ao público xuvenil.

Non sería de extranar que BlackBerry fixese o anuncio deste novo dispositivo inminentemente, de cara a chegar a tempo para a campaña de Nadal, que xunto co inicio das vacacións do verán en xuño e da volta ao cole de setembro resulta ser unha das máis rentábeis para os fabricantes.

Sobre o autor

Reply