Facebook Messenger experimenta con mensaxes que desaparecen

Son varias as aplicacións de mensaxería que teñen habilitadas funcións que borran as mensaxes ao pasar un tempo, sendo Snapchat e Telegram unhas das máis populares. Segundo unha información agora é Facebook quen está a traballar para levar este servizo á súa aplicación de mensaxería Facebook Messenger.

facebook messenger autodestrución - 2

Polo de agora trátase dun servizo en probas que poden empregar un grupo reducido de persoas (comparado co número de usuarios totais da aplicación) en Francia, no que as mensaxes desaparecen unha hora despois de ter sido vistas. Para activar estas mensaxes efímeras non hai máis ca premer un botón no chat que ten como símbolo un reloxo de area.

Que pensades deste tipo de funcións? Védeslle utilidade?

Sobre o autor

Reply