Samsung anuncia nova xeración de procesadores: Exynos 8 Octa

Logo de que Qualcomm dese a coñecer o seu Snapdragon 820, Samsung vén de presentar a nova xeración de procesadores de fabricación propia, os Exynos 8 Octa, que con toda probabilidade irán nas entrañas do próximo flagship da compañía, o Galaxy S7 (ou como queira que se chame o sucesor do S6).

O Exynos 8 Octa está fabricado mediante un proceso chamado FinFET e en 14 mm. Trátase ademais do primeiro SoC con selo Exynos que combina nun único chip a CPU ARMv8 cun módem LTE categoría 12/30 (velocidades de até 600/150 Mbps).

Malia non ter dado moitos detalles sobre o mesmo, estímase que é até un 30% máis rápido e un 10% máis eficiente ca o seu predecesor. Conta con 8 núcleos e arquitectura de 64 bits, aínda que por norma xeral empregará 4 CPU ARMv8. Usará tamén os 4  restantes (ARM Cortex-A53) unicamente para aqueles procesos máis pesados.

O novo procesador entrará en produción masiva a finais de ano.

Deixa un Comentario