Vodafone inclúe roaming en Europa e USA sen custe adicional

Adiantándose á fin do roaming europeo prevista para o 15 de xuño de 2017, Vodafone vén de anunciar que elimina o sobrecuste das comunicacións nos países da Unión Europea, USA, Islandia, Liechtenstein, Noruega, Suíza, Albania e Turquía en todos os plans Red, One e segundas liñas que ofrezan chamadas ilimitadas.

En ditos destinos, que supoñen o 85,5 % do tráfico en roaming do usuarios de Vodafone, os clientes da compañía poderán empregar o seu smartphone sen preocupacións, pois contarán con chamadas e sms ilimitadas, así como cos mesmos datos que cando están en territorio estatal. Ademais, terán acceso a 4G en 74 destinos a nível mundial, convertíndose na operadora española que máis destinos 4G ofrece en roaming.

O operadora evidenciou unha suba do 61% no consumo medios de datos no último ano, o que propiciou que tamén engadan un maior volume de datos nos plans de prezos de Vodafone One, chegando nalgúns casos a un GB extra. Con estes cambios, a oferta converxente da compañía queda como segue:

  One Mini S
0cént/min

1GB

(+0,1GB)

  One S

Móbil:

200 min.

1,5 GB

(+0,5 GB)

One M

Móbil: Min. ilimitados

3GB 

Roaming U.E. e EE.UU.

One L

Móbil: Min ilimitados

6GB (+1 GB)

Roaming U.E. e EE.UU.

Fixos estatais ilimitados e 60 min/mes a móbiles calquera operador estatal
 

300 Mb

30 Mb suba

 

  59€ 71€ 83€
 

120 Mb

12 Mb suba

 

  55 67 79
 

50 Mb

5 Mb suba

 

  47 59 71
INTERNET até 30 Mb (ADSL) 40€   44 56 68
ANTES 39,5€   43 55 67
Vodafone TV Esencial     +12€ +6€ Incluído

No caso de só móbil, os clientes de plans Red, verán incrementados os datos incluídos entre os 100 MB e os 2 GB, con axustes de preos de entre + 0,50 €/mes e os 6 €/mes no plan de datos de máis alto valor.

About The Author

Reply