Ferrol terá unha app para controlar o transporte público antes de que acabe o mes

Antes de que acabe o mes de novembro o Concello de Ferrol presentará unha aplicación para móbiles coa que obter información das liñas de autobuses (horarios, frecuencias, paradas…) e facilitar o acceso ao transporte público, sobre todo nas zonas rurais, hospitalarias e as de interese no centro da cidade.

Non cabe dúbida de que o servizo de transporte público ferrolán é moi mellorábel, polo que esta é unha medida que pretende facilitar ás cidadás o uso do mesmo, coñecendo as conexións e os enlaces externos que existen en Ferrol. A app estase a desenvolver baixo a supervisión da Concellaría de Urbanismo e conta co apoio de Arriva e Mombús, pois ao fin de contas corre da súa conta facilitar a implantación da mesma.

En canto teñamos a aplicación dispoñíbel na Play Store habémola probar para convarnos que nos parece e se realmente supón unha auxda para as usuarias, como as que xa existen noutras cidades de Galiza.

Sobre o autor

Reply