TomTom Radares de Tráfico, unha app para axudarte na estrada

Tomtom Radares de Tráfico é unha nova app coa que as usuarias recibirán alertas sobre os radares fixos e móbiles presentes na estrada e tramos de velocidade media.

tomtom radares

A localización dos radares fixos está facilitada pola base de datos de TomTom e verificada pola súa equipa, mentres que os radares móbiles son reportados e verificados pola comunidade, que segundo a empresa, son ao redor de 4.6 millóns de conductoras as que traballan para actualizar a localización dos radares en tempo real. Esta aplicación ponos ao alcance da man toda esta información.

A aplicación TomTom Radares de Tráfico está dispoñíbel para a descarga na Play Store e pode descargarse totalmente de balde. Lembrade que este tipo de aplicacións só deben empregarse como unha axuda na conducción, non para saltarse as limitacións de velocidade por sistema.

Deixa un Comentario