Facebook deixará ocultar aos “ex” despois de romper

Desde que existen as redes sociais as parellas non rompen de verdade até que se eliminan do Facebook ou se fan unfollow en Twitter. Isto é unha verdade universal, aínda que hai quen prefire seguirse tendo entre as amizades, a modo de ruptura de boas (non se enganar, na meirande parte dos casos é por poder cotillear de vez en cando). Noutras ocasións, seguiremos etiquetados en fotos antigas e mesmo pode que a exparella apareza recomendada como amizade a engadir.

En Facebook son conscientes disto, polo que están a traballar nunha ferramenta que nos permite limitar o que podemos ver das ou dos nosos ex, así como tamén o que estas persoas poden ver de nós. Non se teñen por que enterar dos nosos novos ligues, que car****! 😉

facebook ex parella

Polo de agora esta opción estará dispoñíbel en probas a través de dispositivos móbiles nos EEUU, pero todo apunta a que en non moito tempo será unha opción máis de xeito global.Útil, non?

Deixa un Comentario