LG anuncia o seu sistema de pagos móbiles: LG G Pay

Era un segredo a berros, sobre todo logo de que LG tivese rexistrado hai meses a marca G Pay, mais até hoxe non se fixera oficial: LG terá o seu propio sistema de pagamentos móbiles, LG G Pay.

O fabricante coreano súmase así a outros actores que xa teñen en marcha sistemas semallantes, como Apple (Apple Pay), Google (Android Pay) e Samsung (Samsung Pay). De feito, esta mesma semana soubemos que o sistema de Samsung estará dispoñíbel no noso país no primeiro trimestre do ano que vén.

A falta de que LG concrete como funcionará o seu servizo, que imaxinamos que no seu momento final será bastante semellante ao resto de opcións, o fabricante confirmou un acordo coas dúas das maiores empresas de tarxetas de crédito que operan en Corea do Sur, Shinhan Card e KB Kookmin Card. En calquera caso, cando queira que sexa lancen a versión internacional é evidente que terán que asinar novos convenios con empresas como MasterCard ou Visa.

Serán estes sistemas o futuro dos pagos móbiles ou chegan demasiado tarde? O máis seguro é que teñamos que agardar un ano para ver como se concreta todo. Vós que pesades?

Sobre o autor

Reply