Euskaltel construirá a súa rede móbil en Euskadi e Galiza

Segundo publican hoxe varios medios, Euskaltel tería decidido comezar a construír a súa propia rede de telefonía móbil, un movemento co que a operadora vasca (que agora tamén controla a galega R) pretende reducir o uso da rede móbil de Orange, con quen ten contratado o acceso a rede.

Segundo estas informacións, Euskaltel tería previsto comezar o despregamento das súas antenas nas principais cidades de Euskadi e Galiza, dando servizo tanto a clientes propios como aos de R.

A unificación de ambas compañías de cable, líderes en candaseus territorios, propiciará cambios importantes, sobre todo no que ten a ver co servizo móbil de R, que con moita probabilidade comezará a usar a rede de Orange o ano que vén dada a maior capacidade de Euskaltel de negociar unha oferta mellor sumando todos os clientes do grupo Euskaltel-R.

8 anos de móbilR

Esta información chega no mesmo día no que móbilR cumpre 8 anos. Nun artigo especial analizamos como foi a evolución deste servizo desde as súas orixes: os cambios nas tarifas, a política de terminais, cobertura e retos de futuro.

No Responses

Deixa un Comentario