Google Fit engade monitorización da actividade en tempo real

Google vén de actualizar Google Fit, a súa aplicación de control e xestión da actividade física, cunha chea de novidades pensadas para que se convirta no noso entreador persoal, máis aló das funcións de contar pasos, tempo e calorías queimadas que ofrecía até o de agora.

A última versión da aplicación está tamén moi orientada a ser usada cun reloxo Android Wear, pois parte das opcións fan uso do reloxo para cuantificar novas actividades. Entre elas temos un contador de abdominais e flexións, grazas aos sensores que integran os smartwatches. Ah! E se temos pouca idea tamén ofrecerá vídeos e titoriais que nos indicarán como facer os exercicios de forma correcta.

google fit

Por se non fora pouco tamén se engade a posibilidade de controlar o que comemos e a xestión da actividade en tempo real, con información e estatísticas do deporte que estamos a facer: ruta seguida, tempo, elevación, velocidade e ritmo. Algo que podíamos facer noturas aplicacións, como Endomondo, Strava ou Runtastic, pero que non estaba dispoñíbel en Fit.

O que non cambia é a posibilidade de ver de xeito rápido toda a nos actividade diaria nunha visualización que inclúe vistosas gráficas, así como as opcións de marcarse obxectivos que ir superando. Todo sexa por estar en forma 🙂

Google Fit é unha aplicación gratuíta que podemos descargar desde a Play Store.

Sobre o autor

Reply