LG retira o Watch Urbane 2 do mercado días despois da súa posta á venda

A semana pasada saiu ao mercado nos EE.UU e polo de agora non só non vai chegar a outros se non que ademáis foi retirado nese país. O Urbane 2 de LG chegaba para ser o reloxo intelixente máis completo no panorama Android: tería conectividade 4G para poder usalo de xeito autónomo e conta cun altofalante para reproducir son.

Pois ben, malia ser un reloxo respaldado por LG que adoita facer moi bos productos nos diferentes sectores nos que está presente, este foi retirado do mercado aos poucos días do seu lanzamento sen moitas explicacións. O pouco que se sabe é que é un erro relacionado co hardware o suficientemente serio para retiralo do mercado deste xeito.

Tendo en conta que a primeira versión funcionaba sen problemas, imaxinamos que os problemas poden estar relacionados coas novas funcionalidades incorporados neste novo smartwatch, pero tampouco queda claro. Polo de agora, como vos esperaredes, non hai data para o regreso o Urbane 2 ás tendas pero en canto teñamos máis información habémola compartir con vós.

Deixa un Comentario